Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 février 2007

FACENDO AMIGOS (OUTRA VOLTA MÁIS)

En contra do que pensaba, este país está vivo. Ata hai xente que se indigna, miren abaixo da noticia.

Publicité
Publicité
Commentaires
R
EU CREO QUE TES RAZÓN PORQUE POLO POUCO QUE EU COÑEZO, A XENTE É UN POUCO INSINCEIRA E NON DI CLARAMENTE O QUE PENSA.PARÉCEME TERRÍBEL QUE EN PRIVADO SE DIGAN CERTAS COUSAS QUE ESTÁN NAS ANTÍPODAS DO QUE SE DÍ EN PÚBLICO. PENSO COMA TI QUE XA ESTÁ BEN DE MEMORIAS DO PASADO E DE FACER HOMENAXES AOS MORTOS E LOGO SER INCAPACES DE APOIAR AOS VIVOS. OS QUE RAJAN POR DETRÁS(PERMÍTANME O CASTELANISMO)SON MOITAS VECES XENTE RANCIA A QUE AS NOVIDADES LLE MOLESTAN... PORQUE SERÁ? ESTARÁ O MEDO DETRÁS DISTO? SEGUNDO GALEANO O MEDO É CASE SEMPRE A PEDRA SOBRE A QUE SE SOSTÉN A FALSIDADE, A COVARDÍA, A VIOLENCIA E A IRA.
Répondre
J
A calidade de Cunqueiro é innegable. A obra de Castelao non sería citada como de primeira fila se vostede e máis eu vivísemos nun país cunha cultura normalizada. Pense en que temos os libros de texto cheos de autores mediocres (e non penso agora en Castelao) porque houbo unha necesidade de enchelos de nomes. Creo que estamos nun momento con moita calidade,pero non sempre foi o caso décadas atrás.
Répondre
B
posdata: sobre todo nos Castelaos.
Répondre
B
os peixes dos que eu me lembro tampouco falaban de saudades, carros cantando por corredoiras nin nada semellante. (Penso nun tándem, formado polo escritor J.A.M. -lugués, se non me trabuco- e o ilustrador Anxo Baranga, que publicaron libros coma O ollo pecho e outras historias desagradables. Creo que era nese libro onde figuraba unha ilustración dun pene cuspindo seme ó aire coma un volcán. Para que se faga unha idea. E estou falando de finais dos 80-primeiros dos 90). Pero xa lle digo, publicaban nas coleccións máis marxinais das editoras, non tiñan repercusión mediática e por aí se pode explica-la súa invisibilidade. pero estaban.<br /> pode deberse ese desinterese pola tradición á dubidosa calidade das obras da tradición. eu ando polos 30, e teño lido libros dos chamados clásicos (os Cunqueiros, os Castelaos...), de feito comecei por aí; e acho que había máis intención política ca ansia por contar unha historia.
Répondre
J
Hai un cambio fundamental nos Peixes, que é un desinterese pola tradición. Co respecto ritual que se lles ten neste país (algo propio de literaturas fráxiles, como é a nosa), a mín paréceme novidoso que veñan estes Giovanni Canibali rachando con iso e coa sacralización da lingua literaria. Línlle a un deles (voume reservar o nome porque non estou certo de todo de como se chama) no El País-G que a el non lle interesaban os clásicos galegos, que prefería ler a norteamericanos. Iso é moi novidoso. Eu non estou de acordo con que se poida construír unha literatura nunha lingua sen saber de onde vén, pero eles teñen outro punto de vista.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité