Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 février 2007

TOTUM REVOLUTUM

Martin, leva razón en que hai que diferenzar obras de persoas. Eu fágoo, vostede tamén. Pero, na Galiza, as cousas confúndense. Mesmo hai xente, que non sabe interpretar o que le; porque prefiro pensar iso a que o fan con mala intención. Eu non lembro ter desprezado á tradición literaria galega nin gabarme de que haxa que ignorala; todo o contrario, fago por coñecela para saber de onde veñen a lingua que adoptei e a literatura na que decidín inscribirme. Con todo, un amigo ferrolán estame enviando correos nos que me informa de que me andan chamando nazi, terrorista vasco e se me convida a cambiar de lingua e mesmo de país unicamente porque dixen que hai unha serie de rapaces emerxendo na nosa literatura que teñen esa postura. Os progrexenófobos nacionais confuden a miña obra, as miñas opinións, as opinións alleas coas miñas, os allos cos bugallos e coa miña persoa. Intento coñecer as razóns. ¿Será a procura de novos argumentos? Antes era que non me lía ninguén, logo que era moi mal escritor. O primeiro nunca foi certo (as reedicións están aí dende os primeiros libros e as traducións virán o ano que vén). O segundo é tan subxectivo que non podo negalo, pero non me avergoño do meu currículo.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Grazas pola consulta gratuíta, Doutor Freud.
Répondre
N
Recordo das verbas da miña nai a palabra "pataleta", non sei sea a sua nai díxolle alguna vez "que se deixara de pataletas" pero nese cadro de costumes familiares seus penso que a frase sería en vasco... Non sei se pilla por onde vou pero creo qu é patente que non me estou a meter coa sua familia nin coas Vascongadas... Se o entende mal, problema seu...

Ten moita razón Martin cando di que este problemas venlle a vostede por ser accesible, é certo e ese feito loubao, estou a pensar que é dos poucos xeitos que o louban pero o teño que recoñecer...

Pero parece que vostede vai a cabezazos pola vida e logo pasa que veñen os "croques" e un colle e tírase o solo berrando e dando voltas polo pasillo entón ven mamá é dí, deixa a pataleta e vai recoller a habitación...

Pois eso Jaureguizar, deixaxhe de pataletas e vai recoller a habitación...

PD: O de engadir o curriculum todo un puntazo...Xa está chegando a pubertade...
Répondre
P
Berran moito porque non saben que ata pasar dos cinco mil non hai máis cartos.
Répondre
J
Non me amola que se metan cos meus méritos. O que me pregunto é se mudarían o senso das miñas declaracións para poñerme a feder se a miña novela fose mal de vendas.
Répondre
R
CRITICAR PARA CONSTRUÍR ESTÁ BEN PERO SE HAI INSULTOS DE POR MEDIO NON ME PARECE XA TAN BEN. É A PRIMEIRA VEZ QUE ENTRO NO TEU BLOG. INTERÉSAME. POR CERTO O TEU CURRICULUM ESTÁ MOI BEN. QUEN PODE METERSE COS MÉRITOS DOUTRO. NON ENTENDO. DEBE SER QUE SON UNHA INOCENTE.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité