Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 février 2007

O VENTO CAMBIA DE RUMBO

Unha editorial coruñesa que soamente publica en español vai recibir unha caudalosa achega por parte dun ex directivo e dun catalán adiñeirado. Os libros están moi ben editados e o catálogo é de calidade, aínda que antigo, no que respecta a traducións (británicas, a inmensa maioría). Na parte de literatura española, agás unha excepción, os autores son descoñecidos. Ignoro as intencións dos novos socios, pero o catálogo ten esas eivas: precisa de autores actuais (a non ser que Valdemar sexa o modelo), doutros ámbitos a maiores do anglosaxóns e de escritores españois con presenza. Tamén unha mellora sustancial na distribución e nas estratexias de comunicación.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Luísa, eu non fago crítica literaria. Ás veces boto algunhas impresións sobre algúns libros, pero facer crítica é algo de máis fondo e hai abondos críticos facéndoo ben no país. Canto a diarios e autores extramuros, enténdase españois, non fachendeo de non lelos. Todo o que acontece é que o meu tempo de ler libros e de ler en Internet é limitado e teño que escoller. Escollo o suplemento de libros de Le Figaro antes ca Babelia e do Guardian antes ca El Cultural de El Mundo.
Répondre
L
Jaure, como pode vostede presumir da súa ignorancia. Alguén como vostede que fai crítica literaria decindo que non le os diarios nen os autores de extramuros.
Répondre
J
Baralla, afirmar que Bragado é un analfabeto é falar barato. É como se eu dixese que Riestra é un analfabeto baseándome nos seus coñecementos de literatura que ten un editor radicado na Galiza. Innegablemente, Riestra é unha persoa ben culta. Canto ás vendas de Xerais, eu non coñezo as cifras. Pero sei que, por referirme os últimos libros, que Rivas (12.000 exemplares) e De Toro van ser reeditados. Ameixeiras (Premio Xerais), Agra (Merlín) e máis eu (Fundación Caixa Galicia) fomos reeditados, con tres mil exemplares cada un. Pepa A Loba non anda lonxe... ¿Hai moitas editoras españolas con esas cifras? ¿Hai moitas que non vivan das subvencións?
Répondre
G
Ti sabes o que venden Manolo Rivas, Teresa Moure ou Diego Ameixeiras? E non publica todo, Baralla. A túa non cha publicou, que era malísima.
Répondre
B
Apoio a Briones na sua afirmación e valoración do analfabetismo de Bragado. Non é un problema de publicar unha novela ou outra, xa que publica todas, non ten ningún criterio. O problema é que non vende ren. Os franceses xa o queren chimpar.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité