Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 février 2007

XERAR 'PEIXES'

Rivas escribiu un artigo distanciado e irónico en antedías:

"Xeracións literarias. Que uns escritores galegos declaren como trazo xeracional que len os autores anglosaxóns e que non lles interesa a actual literatura galega non significa nada. Pasounos a todos. Eu tamén lía de rapaz o Reader's Digest (traíao a Castro unha lavandeira da casa dos señoritos). En canto ao confronto vellos e novos, é tamén un dilema vello. Eduardo Blanco-Amor foi sempre moi novo, sobre todo cando volveu de vello e tivo que comezar todo de novo: a máquina de escribir botaba fume. Fume bordado, hai que dicilo. O mérito non é a xeración, que vén dada (tranquilo, compañeiro Jaureguizar, serás moderno aínda que non o queiras), senón o manterse como un des-xenerado."

Manolo, o xogo de des-xenerado é bonito e moi eficaz, pero eu sigo pensando que os rapaces que están comezando necesitan amosarse en grupo para ser visibles.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Van tan mal que vou deixar o seu para que a conta dos comentarios alleos non baixe de 18. ¿De verdade non ten nada mellor que facer que dedicarse a contar os comentarios no Cabaret? ¿Probou co último libro de Murakami? É magnífico.
Répondre
G
De 30 comentarios, 11 son do propio autor Jaureguizar. Que mal lle deben ir as cousas para caer tan baixo.
Répondre
B
Ola, Primavera!<br /> :-)
Répondre
P
Que curioso. Vexo que Mario Regueira gosta da poesía e do relato curto.
Répondre
J
Cosaco, non me pida que faga fondas análises liteararias porque non é o meu papel. Descubrín o nacemento dun movemento e conteino exercendo o meu oficio de xornalista. Nin eu son un teórico da literatura nin se pode perfilar con detalle unha xeración cando está nacendo. Cando pasen uns anos, serán os filólogos os que estuden a Xeración dos Peixes e lle atribúan unhas características, pero iso acontecerá a posteriori.<br /> Dende logo, agardo que non mesturen as actitudes persoais coa literarias. Eu non entrei nos apoios que algún dos peixes poida dar a determinadas iniciativas de memoria histórica, falei sobre a súa actividade literaria.<br /> A presenza de Teresa Moure nesa cita da Voz non ten outra función que a de contexturalizar o texto. Obviamente, non forma parte da Xeración dos Peixes. Pensei en sinalalo expresamente, pero dei por suposto que se entendía. En todo caso, ese erro é do transmisor, ou sexa, meu.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité