mardi 27 février 2007
XERAR 'PEIXES'
Rivas escribiu un artigo distanciado e irónico en antedías:
"Xeracións literarias. Que uns escritores galegos declaren como trazo xeracional que len os autores anglosaxóns e que non lles interesa a actual literatura galega non significa nada. Pasounos a todos. Eu tamén lía de rapaz o Reader's Digest (traíao a Castro unha lavandeira da casa dos señoritos). En canto ao confronto vellos e novos, é tamén un dilema vello. Eduardo Blanco-Amor foi sempre moi novo, sobre todo cando volveu de vello e tivo que comezar todo de novo: a... [Lire la suite]
lundi 26 février 2007
ASÍ FALOU ZARATHUSTRA
"Vivo nun país que ten unha lingua de seu, así que o normal é escribir en galego"
vendredi 23 février 2007
BARNES PENSA QUE SOMOS NORMAIS
Barnes sitúanos a rentes das literaturas normais. Temo que se debe a que non nos coñece.
vendredi 23 février 2007
O 'QUE' E O 'POR QUE'
Participamos nun congreso sobre comunicación e mocidade. Miguel afirmou sobre a información que "importa o que e non o por que" Mete medo pensar en que ten razón.
mardi 20 février 2007
UNHA NOVELA, UN NOBEL
Hai novelas que xustifican un Premio Nobel. Eu xa estou en campaña.
mardi 20 février 2007
IGNORAR AO PAI
Comprobo que Luís segue preocupado co asunto. Ben, non pensaba tomarme a molestia de aclarar as miñas referencias sobre a Xeración dos Peixes, pero, xa que insiste, vou citar fonte:
"Xerais vén de publicar Dz ou o libro do esperma, do antropólogo Samuel Solleiro (Tui, 1982), case unha novidade de seu: son relatos. Malia comezar a apórselle unha certa iconoclastia para o que son os adubíos do varón escritor en Galicia, Solleiro confesa non ter lido moita literatura galega e critica de vez "a conversión da Guerra Civil nun... [Lire la suite]
mardi 20 février 2007
O BO PANO
El opina que o bo pano véndese na arca. Eu nunca acreditei en que abonda a obra para ter repercusión. El escribiu novelas que desminten ese dito. Agora, soamente falta que o tempo determine quen se equivoca.
samedi 17 février 2007
зрение на вода
Despois de acadar a terceira edición en galego, a quinta en español, vender os dereitos para italiano, chega un compromiso de editar unha versión en búlgaro.
vendredi 16 février 2007
CÓBADO DE ESCRITOR
Unha doutora e os meus detractores concordan en que debo escribir menos. Agora, os meus dous proxectos en marcha e o meu traballo combaten cun cóbado vendado.
lundi 12 février 2007
O VENTO CAMBIA DE RUMBO
Unha editorial coruñesa que soamente publica en español vai recibir unha caudalosa achega por parte dun ex directivo e dun catalán adiñeirado. Os libros están moi ben editados e o catálogo é de calidade, aínda que antigo, no que respecta a traducións (británicas, a inmensa maioría). Na parte de literatura española, agás unha excepción, os autores son descoñecidos. Ignoro as intencións dos novos socios, pero o catálogo ten esas eivas: precisa de autores actuais (a non ser que Valdemar sexa o modelo), doutros ámbitos a maiores do... [Lire la suite]