Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 mars 2007

FACER POLA VIDA

Por favor, non falamos dun negocio saboroso; falamos de facer pola vida.

Publicité
Publicité
Commentaires
I
Nom sei porque vai ser peor dirigir a Galeria Sargadelos da Corunha (quer dizer: procurar a atopar um posto de trabalho na empresa privada), que ter sido funcionário (e nom do grupo E), durante anos e anos ao servizo da Junta de Manuel Fraga (quer dizer, ser funcionário com um posto de trabalho per secula seculorum com mil e um privilégios que os e as trabalhadores/as da empresa privada nom temos). É evidente que som cousas diferentes; o que nom sei é porque umha vai ser pior, ou melhor, que outra.
Também os há que antonte berravam contra Fraga e a Cidade da Cultura e manham teram um carguinho, um postinho, um soldinho a final de mês nessa "grande infraestrutura que porá a nossa cultura no lugar que se merece no terreo internacional". Tempo ao tempo. A ver se também entom há tanto comentário crítico!
Répondre
Y
Novas experiencias
YOLANDA CASTAÑO
INAUGURAR UN NOVO ESPAZO

Se houbo nervios, dúbidas, preocupacións, pequenas angurias, présas e diminutos insidiosos agobios, este non é xa o seu lugar. Houbo quizais anacos aínda ata hoxe para eles, pero xa non, non hoxe. A sorte está botada e o cicel debe xa –chegase onde se chega– repousar, ser deitado na mesa, agachado no caixón para xa só mostrar, recibir a ollada dos outros. Dar por rematado o labor, por concluído o contido e tamén o revestimento co que queremos amosarnos e deixalo xa nas súas mans, confiar nos receptores e abrir as portas. Inaugurar.

Inauguramos hoxe a nova Galería Sargadelos da Coruña e é para moitos/as un día de festa, un día de celebración da apertura dun novo espazo na cidade dedicado á arte á cultura. Unha nova plataforma para as manifestacións culturais de noso e alén das nosas fronteiras, da plástica e da literatura, da música ou as artes escénicas, das novas ou das veteranas xeracións. Unha posta en valor do patrimonio histórico así como do futuro. Abrimos amosando á vez unha decena de artistas galegos novos manifestados en moi diferentes xéneros artísticos: é Corpografías, unha exposición multiformato que trae vídeo, pintura, escultura, fotografía e instalación dende todos os puntos de Galicia.

Centos de persoas comezan vagarosa pero firmemente a encher o local. Chegará o punto no que se fará complicado moverse e no que me conten a estrañeza de observar unha inauguración tan exitosa. Entre as oito e as once caras coñecidas, caras amigas, caras curiosas. Contentas caras, caras con esperanza, caras con ganas, caras á expectativa, caras entusiasmadas, aliviadas. Rematamos felices e ilusionados, queda moito que facer, e ansia de emprendelo.

EXPERIMENTAR A ROMARÍA

Despois de durmir toda a mañá para recuperarse dunha velada de emocións e acontecementos, desprázome –xa á tardiña– á fermosa contorna da aldea de Paderne. Alí mesmo, no núcleo, hai unha igrexiña, que constitúe un curioso e interesante patrimonio. Empregamos ese espazo -–sacro e a revalorar– para dar un recital Emma Couceiro e mais eu. Abraiámonos da numerosa asistencia dos veciños/as, atraídos tamén por un pequeno concerto de violonchelo intercalado. É unha actividade promovida por ­unha de tantas asociacións culturais veciñais que funcionan no paisiño noso. Roxín Roxal leva anos incidindo no coñecemento do patrimonio e do medio, traballando pola cultura propia nun contexto moi social. A festa de hoxe remata, de feito, con moito de romaría: cada quen leva algo de comer e o viño compártese nunha chamada "bodega" achegada. Empanada e embutidos, queixo e algúns doces en mesas con bancos de corrido onde todos celebramos amenizados polos gaiteiros. Tradición e cultura actual compartindo un vaso de viño.

EXPERIENCIA ANTISUPERSTICIOSA

Un gato negro cruza ó meu paso e a estas alturas da pedreira nada pode haber que me erosione.

UN NOVO ENCONTRO POÉTICO

Érgome cedo para coller un par de ­voos. Asisto a un encontro de poesía moza de todo o Estado en Granada. Imos coincidir os que xa tanto nos imos coñecendo: entre outros, Elena Medel, Antonio Lucas, Juan Antonio Bernier, Myriam Reyes, Juan Carlos Abril, Ana Gorría ou Andrés Navarro. Trataremos de debater respecto das novas poéticas. Aterramos en Granada cuns deliciosos 21 graos. Vou cargada co portátil para aproveitar os tempos mortos con traballo. A Universidade de Granada bole e ferve de estudantes e profesores dunha talla intelectual moi considerable. As sesións de mesas redondas e lecturas de poemas intercálanse con outras en mesas de terrazas e racións de bocartes fritidos. Luis García Montero achégase onda e con nós coa súa inmensa xenerosidade. E imos intercambiando experiencias, visións dun "eu" fragmentado na poesía contemporánea, a morte da denotación, publicacións e cañas frías.

DECIDIR A EXPERIENCIA DA MORTE

Amencemos aquí en Granada coa nova da granadina que non quixo vivir máis. Inmaculada estaba farta de permancer soterrada en vida e deulle ás de liberdade ao seu corpo atado e morto. Unha cuestión delicada a do manexo da propia historia, pero ¿quen se non un ha de tomar as decisións propias? Aturar unha vida que só se sostén por medios artificiais ten que ser duro. A análise da persoa que solicita a medida debe ser completa e transversal, continuada no tempo, milimetricamente avaliada; pero ­unha vez aceptado o seu xuízo e criterio propio, a humanidade debería bastar para tender unha man a quen a pide.

Sigo atopándome con outros poetas da miña xeración que descoñecía. Sorpréndenme moi positivamente Mariano Peyru ou Julieta Valero. Fálase do tempo que vivimos, entran a colación veladas competitividades e abondos intereses. Son consciente de ser unha ex-céntrica e iso protéxeme de moitas cousas. Son unha rareza, algo exótico. O meu lugar é tamén un lugar delicado.
Répondre
J
Egunon, se todos os que denunciaron a situación de Díaz Pardo fosen coherentes, Sargadelos iría ao carallo por falta de vendas e de colaboradores na súa actividade cultural. No noso país hai moita afección a sumarse á manifestación cando pasa e logo informarse do seu motivo.
Répondre
E
Amigo Jaureguizar: Creo que son dúas formas distintas de ver un mesmo caso. Non é tanto o compromiso como ser consecuentes. Non vale iso de "donde dije digo, digo Diego"... e menos cando un é un personaxe que está no ollo de mira. Por certo o alcume sí é por egun on.
Répondre
J
Levita e Egunon (o alcume vai por "Egun on"?)se nos reprocha constatemente que vivamos (literariamente) da subvención e tamén se nos critica cando procuramos alternativas para vivir da cultura sen axudas públicas. Yolanda está facendo pola vida onde pode e eu prefiro iso á rixidez moral de moitos escritores galegos. No fondo, concordo con Alonso Montero en que os escritores desta país están "comprometidiños": é moi doado manter posturas respectablemente éticas cando tes o salario asegurado ata a túa xubilación.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité