lundi 19 mars 2007

PREMIO LARANXA

A min esta idea seméllame moi imitable: un premio para narrativa escrita por mulleres. Seica que temosalgún no país, mais (desculpen) non dou lembrado o nome. Precisamos dun Premio Laranxa apetecible economicamente para animar a narrativa contada por elas.
Posté par Jaureguizar à 23:13 - Commentaires [6] - Permalien [#]

lundi 19 mars 2007

A COVA, ASPIRANTE NOS PREMIOS DA AELG

Os integrantes da Asociación de Escritores en Lingua Galega elexiron xa os candidatos a mellores libros do ano. No apartado de Literatura Infantil e Xuvenil figura a miña novela A cova das vacas mortas. O galardón seméllame de grande importancia, polo que agradecería o apoio a ese libro por parte dos clientes do Cabaret que sexan socios.
Posté par Jaureguizar à 11:34 - Commentaires [15] - Permalien [#]