Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 mai 2007

LETRAS 2008

A RAG decide dentro dun mes e medio quen será o homanexeado nas Letras do ano que vén. A mín preguntáronme por tres candidatos e propuxen un editor, un xornalista e un libreiro, porque me parece importante que a xente que apoia a literatura teña o seu recoñecemento. Todos están vivos, claro.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Hai xente que entende que sería bo manter un dia para lembrar un finado, porque se descubre xente interesante, e dedicar un día a un vivo. Eu creo que as Letras teñen moito de exhumación e que precisamos de dedicar unha festa a un vivo para que dalo a coñecer á comunidade extraliteraria e que se saiba que a nosa literatura está viva.¿Ambas as xornadas son compatibles? Non o sei.
Répondre
B
Estou totalmente de acordo con dar o recoñecemento necesario a quen o merece. E non penso que sexa malo comezar a recoñecer a labor dos que están vivos...<br /> Saudiños
Répondre
J
Atónito, non sei de ninguén que renunciase a un premio por pensar que outro o merecía máis ca el. De feito, todo o mundo pensa que non hai ninguén que mereza máis o premio ca el. Eu creo que hai unha serie de profesionais que non escriben libros, pero que fan un labor fundamental para que os libros existan e deben ter o seu recoñecemento.
Répondre
A
Estando vivos Ferrín ou del Riego (por poñer dous) supoño que a calquera dos seus propostos daríalles vergoña recoller ese premio. <br /> Ou pode que non...
Répondre
B
acabo de deixar un post sobre o asunto n' A Canción Do Náufrago II. hai a quen (Quico Cadaval, onte, no seu programa da medianoite en Radio Galega) non lle acaba de chistar a proposta de adica-lo 17 de maio a un personaxe vivo. enténdeno coma un premio a unha traxectoria. paréceme ésta unha postura algo estrema. comparar xente das letras con xente dos exércitos: uns han de morrer para que o 17 vermello leve o seu nome, os outros para levar un cacho de lata preso nunha fita.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité