samedi 2 juin 2007

XESÚS MANUEL MARCOS VÉN DE LEVAR O TERRAS DE MELIDE

Xesús Manuel Marcos vén de gañar o Premio de Narrativa Terra de Melide 2007 coa novela A Lúa dos Everglades, que narra tres historias de emigrantes dunha mesma familia que transcorren na Arxentina, en Miami e en Madrid. Ao premio Terra de Melide presentáronse 17 obras. O autor recibirá por este premio a cantidade de 6.000 euros. A novela será publicada no mes de outubro por Edicións Xerais de Galicia.
Posté par Jaureguizar à 18:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]