Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 juin 2007

UN COELLIÑO GRIS

A análise do Estado das cousas, levounos un bo pedazo do serán a Camilo, Xaime, Alfonso, María e máis a min. Eu apuntei que hai unha gran desproporción entre a xeira para quitar adiante unha película e o escaso esforzo en presentarlla os medios de comunicación e promocionala. Penetrei na boca da noite para regresar a casa. Entre un ballón pertinaz e a inmensa escuridade, fun quen de albiscar sobre o negror da estrada un coelliño gris que me atravesou por dediante dos faros. Un coelliño gris, que tiña moito que correr e moito que sorprender para evitar ser esmagado polo meu poderoso dinosaurio Ford Focus.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Perdoe, Brautigan, pero fun eu quen tivo a sensación de que o amolara eu con algún comentario e estaba intentando desculparme. Expliqueime tan torpemente que, o que era unha desculpa, soaba a reprimenda. Eu si creo que se poden crear negocios dirixíndose con produtos moi concretos a minorías.
Répondre
B
se lle faltei a alguén pido desculpas. non son consciente de telo feito.<br /> como dixen, observo e opino. nun blog intento buscar detalles que dean certo xogo para levar unha conversa con sentido. o que con frecuencia implica levarlle a contraria á maioría (non de xeito gratuíto) e se cadra non caer moi simpático por isto. parecíame unha contradicción falar de industria obviando o consumidor. non é unha apoloxía do comercial. as películas máis vistas non adoitan dicirme moito desde hai bastantes anos. era unha apreciación desde a neutralidade.<br /> sobre o último que di, teño as miñas dúbidas de que se poida facer industria entre minorías. coido máis ben que é importante saber onde está o lugar de cada un neste enredo de mundo.
Répondre
J
Grial, podería pasar saudar polo despacho do director-xerente do cabaret de cando en vez. A súa persoa sempre é benvida no local, pero, coa discrección que gasta cando nos visita, nin nos decatamos. Así que, xa sabe, opine malia que acó non lle paguemos como no Extrarradio ;-)
Répondre
J
Eu non o vou chamar tolo, Brautigan. Á parte das mínimas normas de respecto polos clientes que rexen neste local, leva vostede a razón. Partillo con vostede en que o monopolio de produción-distribución-exhibición do que goza Hollywood vénlles de moitos anos acertando cos gustos das grandes masas. Fóras das maiorías, hai varias minorías de público que entenden máis de cinema e que teñen preferencias distintas. O cinema galego debe ir na procura delas. Temos a dificultade de interesalas, pero a fortuna de que esas minorías non están nas salas de exhibición, senón diante dos seus ordenadores.
Répondre
G
Eu sempre ando polo Cabaret, o que pasa é que sento ao fondo e desde o escenario non se me ve.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité