Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 juin 2007

AUTOR VERANIEGO

A revista CLIJ aledoume o comezo do verán seleccionándome como autor do mes para o número de xullo e agosto. Pedíronme un conto que, agradézollelo ben polo que ten de respecto á nosa literatura, publicarán na súa versión orixinal e cunha tradución para español. Loxicamente, a maioría dos lectores do relato tirarán pola tradución, pero a versión en galego figurará máis destacada. Con todo, fixen un pequeno xogo e hai leves variacións entre o primeiro conto e o segundo. O convite servirame para asomar os pelos nun gran mercado e de preparación para asomar a cabeza enteira o ano que vén. Levo moitos anos nese intento e semella que desta volta vou lograr avanzar os primeiros pasiños.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
A LIX galega recibe moitos premios por aí adiante, o que fala da súa calidade. A LIX é o mellor da nosa literatura, Nacho.
Répondre
J
Pois moitas grazas, Peke. As traducións do galego para o español andan en horas baixas e temos que puxar entre todos para recuperar o pulo doutro tempo.
Répondre
N
A literatura infantil e xuvenil feita en Galicia estase a convertir nunha bandeira do libro galego polo mundo adiante.<br /> Noraboa pois.
Répondre
P
Pois que che saia todo ben. :)
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité