lundi 18 juin 2007

CONTEMPORÁNEOS

Recibo informacións que me descolocan. A Bram Stoker, a forza de identificalo co seu personaxe, non o imaxinaba contemporáneo de Conan Doyle, e resulta que este convidouno á súa segunda voda. Tampouco pensei que Agatha Christie fose contemporánea de ambos os dous e a súa famosa desaparición produciuse nos últimos anos de Doyle.
Posté par Jaureguizar à 16:08 - Commentaires [20] - Permalien [#]

lundi 18 juin 2007

AUTOR VERANIEGO

A revista CLIJ aledoume o comezo do verán seleccionándome como autor do mes para o número de xullo e agosto. Pedíronme un conto que, agradézollelo ben polo que ten de respecto á nosa literatura, publicarán na súa versión orixinal e cunha tradución para español. Loxicamente, a maioría dos lectores do relato tirarán pola tradución, pero a versión en galego figurará máis destacada. Con todo, fixen un pequeno xogo e hai leves variacións entre o primeiro conto e o segundo. O convite servirame para asomar os pelos nun gran mercado e de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:13 - Commentaires [4] - Permalien [#]