samedi 30 juin 2007
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, LETRAS GALEGAS 2008
Na Rúa das Tabernas veñen de decidir que van dedicar o Día das Letras Galegas a Xosé María Álvarez Blázquez
samedi 30 juin 2007
PREMIOS A ISRAELÍES
O outro día foi Amos Oz, onte foi David Grossman: os xurados españois deben de soñaren con solucionar o problema a base de premios. Eu, como adoito, prefiro a proposta de paz que emiten os heterodoxos da ortodoxia.
vendredi 29 juin 2007
UNHA DÉCADA TRAMANDO
A miña libraría de cabeceira cumpriu dez anos e, con ese motivo, pediunos contos a dez escritores relacionados don ela para publicar o precioso libriño Dez anos, dez historias, cunha capa ben chula de Noemí López. Os autores somos Pepa Barrios, José Campanari, Paula Carballeira, Ana Carreira, Pepe Coira, Manuel Darriba, Xosé Ramón Díaz, Toño Núñez, Xerardo Quintiá e mais eu, que escribín A trama de noite. Todos entendimos que se nos pedía un relato relacionado con libros, mesmo algúns intuímos que se nos pedía que fose relacionado coa... [Lire la suite]
mercredi 27 juin 2007
ARCEBISPO MURAKAMI
O Premio Arcebispo San Clemente foi para Haruki Murakami. Os nosos rapaces saben de literatura. Os outros premiados foron María Reimóndez (en galego) e Vicente Molina Foix (en español). Reimóndez competía con Francisco Castro e con Diego Ameixeiras. Dos tres libros, eu quedo co de Ameixeiras, é o máis fresco. Sobre literatura española, non sei, non contesto.
mercredi 27 juin 2007
ASTURIAS ENTRONOU A AMOS OZ
Amos Oz levou Premio Príncipe de Asturias das Letras. Impúxose na derradeira votación a Ismail Kadaré. Hai unha chea de anos empecei A terceira condición de Oz, mais aburriume e deixeino
mardi 26 juin 2007
OS BRIGADISTAS CONDECORAN A DOMINGO VILLAR
A Brigada 21 puxolle unha medalla por Ollos de agua.
lundi 25 juin 2007
PLASTILINA EN COMPOSTELA
Desculpen que non os avisase antes, pero é que as fins de semana son de moita xeira na hostalería. Esta tarde temos a presentación nacional. Estaremos Nacho e máis eu para falar de cousas varias e mesmo do meu novo libro. Agradecería miralos por alí.
mercredi 20 juin 2007
20 CÉNTIMOS
Sen tempo non era. ¿Valorarán os usuarios a xeira e o investimento de algo polo que soamente pagan vinte céntimos? ¡Tranquis! Paga papá.
mercredi 20 juin 2007
ANDANADA
A nova megaeditorial megacomercial española nos toca tanxencialmente porque vai publicar a primeira novela de Pablo Núñez, un lucense que escribe en castelán. A obra, dunhas catrocentas páxinas, está ambientada na construción da muralla de Lugo e estivo na rolda de doce últimas obras do Planeta este ano. A editorial prevé tirarlle 22.000 exemplares e anuncia versión en galego. A ver...
lundi 18 juin 2007
CONTEMPORÁNEOS
Recibo informacións que me descolocan. A Bram Stoker, a forza de identificalo co seu personaxe, non o imaxinaba contemporáneo de Conan Doyle, e resulta que este convidouno á súa segunda voda. Tampouco pensei que Agatha Christie fose contemporánea de ambos os dous e a súa famosa desaparición produciuse nos últimos anos de Doyle.