dimanche 15 juillet 2007
QUEIPO, CRÓNICA DUN ESPECTÁCULO
Xabier e Adolfo son os únicos brancos no barrio africano dunha cidade aborrecedoramente wasp. A zona está ateigada de pretazos traxados, perruqueiras para enredar guedellas e axencias de viaxes. De feito, os seus habitantes mudáronlle o nome polo da súa capital. Xabier mensaxeoume o outro día que estaba escribindo unha crónica do barrio.
jeudi 12 juillet 2007
O 'GARCÍA BARROS', PARA FRANCISCO CASTRO
Francisco Castro vén de gañar o Premio García Barros con As palabras da néboa, unha novela longa de parágrafos longos ambientada no século XVI e contada por un narrador actual. O xurado comentou que soborda as fronteiras da novela histórica.
mercredi 11 juillet 2007
O NENO LABREGO FAISE ACTOR
Ismael González rodará Memorias dun neno labrego en canto dea superados os atrancos. A súa intención era comezar a filmar este mes en Vila de Cruces, mais non vai dar feito. A novela vai ter versión en francés de Ramón Chao.
mercredi 11 juillet 2007
UN BELO PREMIO CASINO DE SANTIAGO
A obra On beatuy de Zadie Smith gañou o Premio de Novela Europea Casino de Santiago, polo que será publicada por Galaxia. As finalistas foron Os libros arden mal, de Manuel Rivas (Xerais); A ciegas, de Claudio Magris (Anagrama); A medición do mundo, de Daniel Kehlmann (Galaxia); Travesuras de una niña mala de Vargas Llosa (Alfaguara) e El sol de los Scorta, de Laurent Gaudé (Píntega). On beauty logrou tamén o Premio Orange, foi seleccionada como unha das mellores novelas do 2005 polo New York Times.
mardi 10 juillet 2007
HOMOHIMNOS
O gran descubrimento da pasada Fachenda foi unha música que sentín de fondo nunha reportaxe televisiva sobre a festa no homobarrio. Botoume para vinte anos atrás, cando descubrín este cumio xenial da frivolidade. Fascíname esa capacidade dos homohomes para manteren a fidelidade aos seus himnos, por vellos que sexan. Procureina no tubo, mais xa non era como eu a lembraba.
mardi 10 juillet 2007
ARTE, PARTE, MARTE
Unha caste de intelectual que me rilla no fígado é esa, tan abundante, que, orfa doutros méritos que o de dispor dunha columna nun xornal ou dun tempo para opinar nunha radiotelevisión, consagra esa sorte a queixarse da nula atención que a sociedade do tomate lles concede. Ignoro para que queren esa atención de semellante fato, mais iso non evita que cuestione a quen destino as miñas coordenadas económico-temporais cando merco un xornal e, nomeadamente, a quen destino os meus impostos cando, convencido da súa utilidade, os abono para... [Lire la suite]
samedi 7 juillet 2007
AMMANITTI, SUPERVIVINTE
Niccolò Ammaniti é o único da Gioventù Canibale que sobreviviu. Foi o mellor deles, aínda que soamente fose polo que ten de audaz.