20 août 2007
SEGUNDOS FÓRA
Aledo tanto o concurso como decepciono os resultados. A gañadora deste ano, Amparanoia, cáeme insulsa, monótona e, dende logo, afastada da sinxela frivolidade festiva que caracteriza unha boa canción do verán. O ano pasado discordaba con premiar a Manu Chao, mais gustaba a canción. Eu votei por outros. Ficaron segundos, tamén. Confío, logo, en que o fillo de Roberto e o seu colega canten en galego un día destes e se presenten.
Publicité
Publicité
Commentaires