VENDER ENTRADAS
A Academia Galega do Audiovisual celebrou unhas xornadas para saber como miramos o cinema os que traballamos no seu extrarradio. Estivemos Camilo Franco, Alfonso Pato, María Yáñez, Xaime Fandiño e máis eu. Eu dixen un par de cousas que resumo da transcripción literal:
"Preocupame que á noticia relacionada co audiovisual galego á que os medios dedicamos máis tempo es espazo foi a suspensión da rodaxe de Os mortos van ás présas. Realmente creo que é preocupante que ocupe máis espazo ca, por exemplo, os Mestre Mateo. Un segundo tema é como se nos informa aos xornalistas sobre os do audiovisual. O xeito fundamental son os correos electrónicos cun certo texto, unha certa nota sobre a producción que sexa e algunha foto, se cadra. Esto se debe a que temos unhas empresas moi pequenas no país e eso fai que haxa xente un pouco para todo. É dicir, que a persoa que fai a contabilidade fai tamén a xestión da producción e se ocupa tamén de temas de prensa. Faría falta unha maior profesionalidade, nós no xornal recibimos das grandes compañías internacionais dossiers de prensa, e nótase a diferenza. Non pido que se faga aquí iso porque os presupostos son menores, pero si creo que ten que haber algún tipo de xestión colectiva do cinema galego. Creo que se fai unha gran labor e unha gran xeira para producir cine e que leva moito tempo quitar adiante os proxectos. Ese esforzo, que leva meses e supón moitísimos cartos e convencer a Gayoso e a Méndez para que vos financien as películas, non ten unha correlación logo coa promoción. É dicir, que se ocupa moito máis esforzo, moito máis tempo en conseguir os cartos para levantar os proxectos ca en vendelos. Falta material audiovisual porque, como moito, se nos convida aos xornalistas a ir ás estreas. Con esto quero dicir que o normal e que nos chegasen os materiais audiovisuais para que polo menos nos fagamos unha idea sobre o que se está a falar; sen embargo, chéganos unha pequena nota cunha sinopses, cos actores, etc. Penso que debería ser a propia Academia a que se ocupe da promoción dos productos.
Ben, tamén hai un segundo problema que é o que nos custa a nós vender iso aos nosos xefes que son os que deciden sobre si se lle da máis espazo ou máis a unha ou outra cousa. Agora o que necesitades e crear un star system, quero dicir, ter un maior sentido do espectáculo aínda que todo esto soe un pouco frívolo, é importante para que nós podamos transmitir aos lectores, oíntes de radio e televidentes que se están a facer cousas importantes aquí. E para iso necesitamos identificar unha serie de persoas que tiran dese carro, os actores, directores, guionistas, etc.. E que a xente os recoñeza como acontece no cine español.