jeudi 30 août 2007

SÁNCHEZ RUIPÉREZ ILUMINA A COVA

A Fundación Germán Sánchez Ruipérez incluíu a miña Cova entre os mellores libros do 2006.
Posté par Jaureguizar à 14:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 28 août 2007

MURAKAMI EN GALEGO

A edición galega estase normalizando intensivamente. Murakami tamén terá unha novela na nosa lingua. Será a nova e será en marzo, asemade ca en español.
Posté par Jaureguizar à 16:05 - Commentaires [2] - Permalien [#]
lundi 27 août 2007

VENDER ENTRADAS

A Academia Galega do Audiovisual celebrou unhas xornadas para saber como miramos o cinema os que traballamos no seu extrarradio. Estivemos Camilo Franco, Alfonso Pato, María Yáñez, Xaime Fandiño e máis eu. Eu dixen un par de cousas que resumo da transcripción literal: "Preocupame que á noticia relacionada co audiovisual galego á que os medios dedicamos máis tempo es espazo foi a suspensión da rodaxe de Os mortos van ás présas. Realmente creo que é preocupante que ocupe máis espazo ca, por exemplo, os Mestre Mateo. Un segundo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:21 - Commentaires [5] - Permalien [#]
vendredi 24 août 2007

FEIRA DE CARBALLO

A miña táboa e mais eu feiraremos o domingo en Carballo
Posté par Jaureguizar à 15:56 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mardi 21 août 2007

LA ALDEA MUERTA

Unha desas novelas da que aínda lembro escenas que imaxinei aparece agora en español. Borrazás fala de sexo, tan inesperado como real, e da morte, tan esperable como irreal. Todo grazas a un naviego de bo olfato.
Posté par Jaureguizar à 22:32 - Commentaires [8] - Permalien [#]
lundi 20 août 2007

SEGUNDOS FÓRA

Aledo tanto o concurso como decepciono os resultados. A gañadora deste ano, Amparanoia, cáeme insulsa, monótona e, dende logo, afastada da sinxela frivolidade festiva que caracteriza unha boa canción do verán. O ano pasado discordaba con premiar a Manu Chao, mais gustaba a canción. Eu votei por outros. Ficaron segundos, tamén. Confío, logo, en que o fillo de Roberto e o seu colega canten en galego un día destes e se presenten.
Posté par Jaureguizar à 11:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 18 août 2007

TALENTOS FLUÍDOS

Antes do big bang teño comentado con Xurxo que éramos un arquipélago cultural, con abondos talentos sen conexión entre si. Grazas o seu pulo en gran parte, esa eiva nacional desapareceu. Unha mostra máis vai ser a colaboración entre dous dos propietarios de talentos que máis envexo. Haberá unha versión audiovisual do relato Amores fluídos. Entre mentres, sego esperanzado mesianicamente na volta dun dos nosos escritores máis dotados.
Posté par Jaureguizar à 12:06 - Commentaires [4] - Permalien [#]
jeudi 16 août 2007

REGRESO DE BADEN-BADEN

Un cliente do Cabaret Voltaire preguntoume hai días pola miña volta ao local. Aledoume coñecelo, malia que a nosa conversa foi exigua, e saudar a outro. Regreso, agora si, tras unha estadía en Baden Baden. O balneario segue emocionándome esteticamente e decepcionando inalabricamente. A conexión na miña casa non é abonda. O lecer estival achicouno unha longa tradución para o galego dunha novela do meu pai literario e dunha amiga. A maiores, tiven que imaxinar para falar sobre Lugo, elaborar un artigo e acudir a Viveiro. Teño pendente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]