CABARET VOLTAIRE

Jaureguizar. Galiza www.seishoras.canalblog.com contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Otero Pedrayo longo, vita brevis

04 septembre 2007

O BARCO NO BOSQUE

Nunha escea do libro de Ishiguro que ando a ler hai tres personaxes que fan unha longa viaxe semiclandestina dende o internado no que viven para mirar un barco que apodrece nun bosque afastado do mar. Os tres saben que están destinados a morrer novos, a seren estériles e a serviren a outros seres humanos.

Meses atrás estiven conversando con Xaime Fandiño sobre a importancia de ambientar. Apuntaba el que incide moito aos seus alumnos de cinema no determinante de situar unha escea lugar ou noutro.

Volvendo á novela de Ishiguro: talvez, pensei, eu situaría a eses tres rapaces fitando un anuncio de cueiros para bebés coa morriña dunha vida que se lles veta.  Hai nesa publicidade unha promesa de vida que empeza e que será ditosa e case que eterna. Logo reparei na forza desa metáfora dun barco que foi abandonado nun ermo polos seres humanos en canto deixou de fornecelos de alimento e que sabe que o seu único provir é irse desfacendo na soidade.

Posté par Jaureguizar à 06:26 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1