Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 septembre 2007

ELEGÍAS A HERRALDE Y AL DIABLO

A Xeración dos Peixes empeza a ser coñecida en España. Samuel Solleiro vén de ser traducido por Xiana Solla Lagoa para Lengua de Trapo, unha editorial que semella que vai dando co seu espazo inclinándose cara a literatura española (castelá e latinoamericá) tras anos de fornecer catálogo errante, aínda que cheo de descubrimentos dos que acabaron beneficiándose outros. Hai dez anos, o editor, Pote Huerta, comprou os dereitos de Todo a cen e entregoulla a Agustín Cerezales, "experto en portugués", para facer unha versión en español. De portugués saberá (que cobrou), mais de traducir a linguaxe dos mozos ao español... o texto que entregou era como a gravación dunha fumada partillada por Víctor García de la Concha e Gregorio Salvador. Ben, o asunto é que o editor colleu a desfeita de Cerezales e debeu de pensar: ¡Mimá, Jorge nunca publicaría algo coma isto!

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité