CABARET VOLTAIRE

Jaureguizar. Galiza www.seishoras.canalblog.com contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Otero Pedrayo longo, vita brevis

08 septembre 2007

NO VENTRE DO CLON

O pasado xoves rematei unha tradución, unha xeira dunhas trescentas páxinas que me representou cinco meses de traballo de dúas constantes horas cotiás. A primeira metáfora que se me iluminou para definir ese traballo foi a do forense: andei fuchicando no ventre dunha novela allea, esmiuzándoa. A seguir, mirando para o nova versión en galego que creara, a cabeza marchoume para as clonacións. Ao primeiro estaba reticente a aceptar a encarga, nomeadamente porque era virxe no asunto e segundo porque o tradutor habitual dun dos dous autores seméllame coidadoso e imaxinativo nas súas solucións. Escritor e editor insistiron por ser un libro que eu coñecía ben. De feito, son amigo dos dous autores e estaba onda neles no tempo no que agromaron a trama e as primeiras trazas. Alédome agora de telo feito porque ese traballo foi moi positivo para aprender literatura, é moito máis invasivo ca ler unha obra, por moitas veces que se faga. Agora penso que coñezo case tan ben ese libro como as persoas que o desenvolveron.

Posté par Jaureguizar à 05:15 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1