CABARET VOLTAIRE

Jaureguizar. Galiza www.seishoras.canalblog.com contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Otero Pedrayo longo, vita brevis

12 septembre 2007

ANXOS SUMAI GAÑA O PREMIO REPSOL

Así nacen as baleas, a primeira novela breve de Anxos Sumai, foi a obra seleccionada hoxe na Coruña para levar o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF, dotado con 6.000 euros. O xurado estivo composto por Xosé Luis Axeitos, Miguel Anxo Fernán-Vello, Henrique Rabuñal, Anxo Tarrío e Carlos Lema.

Segundo a autora, a novela trata un drama familiar que naceu dunha única imaxe a partir da que foi crecendo unha historia.

Posté par Jaureguizar à 16:58 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1