CABARET VOLTAIRE

Jaureguizar. Galiza www.seishoras.canalblog.com contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Otero Pedrayo longo, vita brevis

17 septembre 2007

DÉPÊCHE JEAN

Dous galegos fixeron unha estupenda versión de Dépêche Mode. Do fenomenal traballo do ferrolán (saliento o seu labor co riff orixinal) soamente quitaría ese horrible e desfasado rapeado rematado en voz calentorra que meteu contra o final. Hai outra visión magnífica desa canción francesamente elegante.

Posté par Jaureguizar à 11:55 - Commentaires [2] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

OCUPADO

Nacho ten curiosidade por saber en que traballo. Ando fedellando nun macroproxecto narrativo que pode roldar ás seiscentas páxinas e que será a miña ocupación central ata primeiros do 2010. Non contarei máis a respecto del porque aínda non hai papeis asinados e debo un respecto á outra parte contratante. Tamén fuchico na Historia recente da música en Lugo para un volume colectivo de divulgación e mais preparo o limiar coa fin de introducir unha tradución para o galego ben suxestiva. A maiores trato de rematar unha novela destinada a adultos. Redacto o quinto borrador en tempos mortos e sigo comprobando que require varios fervores máis.

Posté par Jaureguizar à 09:05 - Commentaires [6] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1