CABARET VOLTAIRE

Jaureguizar. Galiza www.seishoras.canalblog.com contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Otero Pedrayo longo, vita brevis

27 septembre 2007

XÍNEAS

Carlos denuncia que estamos esquecendo a tradición labrega, dando as costas ao rural. Entendo a positiva esixencia que fixo, mais penso que non coñece dabondo o SLN. Recomendaría a Carlos ler as biografías dos nosos escritores, nomeadamente daqueles que intentan, torpemente, agochar a súa vida confortablemente urbá erguendo o puño pechado coa pluma no seu interior. Se atendemos a vivencias, el coñece intimamnete o agro, pero a maior parte dos literatos actuais tería que fantasiar cumpridamente para poder describir o seu pasado labrego, mariñeiro ou proletario. Logo, recomendo a Carlos ler unha triloxía sobre un mundo que agoniza, que vai empezar a aparecer en galego.

Posté par Jaureguizar à 16:12 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1