vendredi 28 septembre 2007
TINDERSTICKS
Estes non teñen nada que ver con Wong Kar Wai, mais que ben lle sentarían nunha banda sonora.
jeudi 27 septembre 2007
XÍNEAS
Carlos denuncia que estamos esquecendo a tradición labrega, dando as costas ao rural. Entendo a positiva esixencia que fixo, mais penso que non coñece dabondo o SLN. Recomendaría a Carlos ler as biografías dos nosos escritores, nomeadamente daqueles que intentan, torpemente, agochar a súa vida confortablemente urbá erguendo o puño pechado coa pluma no seu interior. Se atendemos a vivencias, el coñece intimamnete o agro, pero a maior parte dos literatos actuais tería que fantasiar cumpridamente para poder describir o seu pasado... [Lire la suite]
mercredi 26 septembre 2007
ISHIGURO E A MORTE
Ishiguro escribiu unha metáfora deliciosa, excepcional; un chisco longa, se cadra, porque aborrece en certas pasaxes, mais que precisa ser lida. Eu entendina cun punto de vista medieval, de aqueles autos de fé cos que se advirte ao pobo sobre a contundencia e a infuxibilidade da morte. A morte está por riba do ambiente exquisito no que se desenvolve a novela, a morte está soborda a vontade fera dos protagonistas, a morte derrota mesmo ao amor. Convén que algún novelista nolo lembre de cando en vez para desmentir a tantos artistas que... [Lire la suite]
mardi 25 septembre 2007
UNHA LITERATURA CONTINENTAL
Helena Vasconcelos describía na Ipsilon da pasada sexta-feira a literatura inglesa coma un continente: "Amis é um inglês americanizado, Barnes um inglês afrancesado, Ishiguro um inglês orientalizado e McEwan um inglês bem inglês". ¿A literatura galega daría para un continente?
lundi 24 septembre 2007
OS PORTUGUESES, ESES SERES
Os portugueses fascínanme. Nunca viviría entre eles por ese xeito de guiárense pola vida, pero non deixa de abraiarme que o principal problema do país sexa o desacougo profesional dun rico, pero menos que o Jornal de Notícias dedicase catro páxinas ben destacadiñas na edición de onte á mostra que unha pintora abriu en España, nin que a revista do Público presente a capa completa a imaxe dunha escritora. Por non falar xa de que me axuden a enfrontar as choivas e a viruxe do outono cuns solventes Timberland a soamente 68 euros.... [Lire la suite]
dimanche 23 septembre 2007
INMENSOS POST-IT
Aínda non ben arrincou a nosa reentré e eu xa percibo con certeza cal vai ser a relevación da tempada. Nestes contos, escritos con rabiosa orixinalidade, hai moita vida de diós: hai soedade, hai amor, hai desamor, hai temor ao futuro, hai rexeitamento do modo de vivir convencional,... daría para encher moitos post-it. Son retallos tan bonitos como para coincidir coa protagonista dun conto que "fasme esquecer que Benavente está na provincia de Zamora".
mardi 18 septembre 2007
MAPA DO SITIO
"¿Planificas as novelas?". É habitual que haxa algún curioso que me pregunte que se traballo nos romances con plan previo. Eu, daquela, penso en se alguén lle preguntase a Gallego Jorreto: ¿Planifica vostede as súas obras ou constrúe ao chou?" Con todo, a pregunta non é unha parvada porque hai unha chea de meus colegas de sistema literario non fan un estudo previo das súas novelas. Así saen, presentando a toda a familia na primeira páxina ou perdéndose en desenvolvementos que se fan interminables ao lector; e coloco xa... [Lire la suite]
lundi 17 septembre 2007
DÉPÊCHE JEAN
Dous galegos fixeron unha estupenda versión de Dépêche Mode. Do fenomenal traballo do ferrolán (saliento o seu labor co riff orixinal) soamente quitaría ese horrible e desfasado rapeado rematado en voz calentorra que meteu contra o final. Hai outra visión magnífica desa canción francesamente elegante.
lundi 17 septembre 2007
OCUPADO
Nacho ten curiosidade por saber en que traballo. Ando fedellando nun macroproxecto narrativo que pode roldar ás seiscentas páxinas e que será a miña ocupación central ata primeiros do 2010. Non contarei máis a respecto del porque aínda non hai papeis asinados e debo un respecto á outra parte contratante. Tamén fuchico na Historia recente da música en Lugo para un volume colectivo de divulgación e mais preparo o limiar coa fin de introducir unha tradución para o galego ben suxestiva. A maiores trato de rematar unha novela destinada a... [Lire la suite]
dimanche 16 septembre 2007
AS TERRAZAS ALLEAS
Volvo mirar unha de Moretti. Miráraa a cachos e tiña ganas de sentar enfronte dela cun vagar de hora e media ao meu carón. Entusiásmame, In Vespa, esa primeira parte na que percorre Roma. Comparto o seu pracer por pasear polos bosques de arquitecturas urbanas e por imaxinar o que faría se as terrazas alleas fosen miñas. Emocióname, por riba de todo, a visita ao lugar no que mataron a Passollini; tan ben ambientado con ese piano repicante e jazzizante. O resto da película interésame un carallo. Aberrecéme esa segunda parte, Isole, de... [Lire la suite]