samedi 15 septembre 2007

FONDO DE ARMARIO

Unha visita a Ribadeo serveume para aumentar o meu fondo de armario. Incorporei unha Wolkswagen do máis surfeira, un bote de Cola Cao e un casette dos Bee Gees. Gustábame tamén unha cunha magdalena, pero non había da miña talla. As camisetas rondan os 30 euros, mais a calidade e a comodidade son consontes. Teñen a incomodidade (cada vez máis habitual) das etiquetas colocadas directamente contra as lardas, que rañan a cada paso que dás; un tesoirazo abonda para solucionar o problema. As tres son de Cállate La Boca, unha firma... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:36 - Commentaires [7] - Permalien [#]

vendredi 14 septembre 2007

AS LECTURAS DE GOPEGUI

Estaba pedaleando na escuridade e mirando unha vella de wonki cando o móbil zunou e iluminou en dúas ocasións consecutivas a boca da noite.  Entrevista a Belén Gopegui no Cultural de El Mundo. Cita como mestre a Ferrín e di que, dos novos, le a Olga Novo e Yolanda Castaño, escribiume Xabier. A noticia xa me era sabida porque ela é galega consorte e editora por vía marital. De todos os xeitos é unha gran ledicia atopar madrileños que len sen atender ao que pensa o valedor do pobo galego.
Posté par Jaureguizar à 10:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 13 septembre 2007

CEN FOLIOS DE AUSTER

Auster ten redactadas cen páxinas dun libro novo no que volve coa teima do creador e a criatura. Segundo conta, o protagonista é un vello que "vive nunha casa coa filla divorciada e coa neta. A´muller finoulle. Toda a historia acontece nunha noite... non dá durmido, así que repousa na cama e inventa historias e lembra cousas da mujer. Vai e vén das historias inventadas aos recordos. Pero o núcleo da historia é precisamente o tema de alguen que inventa outros mundos e este home que atopa un lugar alí. O único xeito en que el pode... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 12 septembre 2007

ANXOS SUMAI GAÑA O PREMIO REPSOL

Así nacen as baleas, a primeira novela breve de Anxos Sumai, foi a obra seleccionada hoxe na Coruña para levar o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF, dotado con 6.000 euros. O xurado estivo composto por Xosé Luis Axeitos, Miguel Anxo Fernán-Vello, Henrique Rabuñal, Anxo Tarrío e Carlos Lema. Segundo a autora, a novela trata un drama familiar que naceu dunha única imaxe a partir da que foi crecendo unha historia.
Posté par Jaureguizar à 16:58 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 10 septembre 2007

CULTURA, SI; MAUSOLEO, TAMÉN

Destas alturas, con todo o lameiro ben toldiño, aínda se lle discute a un ser case que formado a súa natureza. A idea non foi brillante, semella un capricho de novo rico, mais, xa metidos en gastos, aproveitémola. A proposta de demolela seméllame recesionista e mesmo teño escoitado nunha xuntaza oficial para achegar propostas a unha escritora sobordar toda lóxica afirmando que "os montes están para dar toxo e xerar aire puro", pedindo esa fin para Monte Gaiás. Xa de estarmos nesta altura de desenvolvemento do proxecto,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:45 - Commentaires [2] - Permalien [#]
samedi 8 septembre 2007

NO VENTRE DO CLON

O pasado xoves rematei unha tradución, unha xeira dunhas trescentas páxinas que me representou cinco meses de traballo de dúas constantes horas cotiás. A primeira metáfora que se me iluminou para definir ese traballo foi a do forense: andei fuchicando no ventre dunha novela allea, esmiuzándoa. A seguir, mirando para o nova versión en galego que creara, a cabeza marchoume para as clonacións. Ao primeiro estaba reticente a aceptar a encarga, nomeadamente porque era virxe no asunto e segundo porque o tradutor habitual dun dos dous... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 05:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 7 septembre 2007

UN CLARO NO BOSQUE

Hai unha noticia inflamándose no meu interior porque non me deixan publicala ata que sexa oficial. Polo de agora nos sobrevoa e devezo porque aterre hoxe mesmo. Informáronme onte e me sinto cheo por conta allea. O rapaz meréceo.
Posté par Jaureguizar à 12:01 - Commentaires [7] - Permalien [#]
mercredi 5 septembre 2007

A VIDA INTERIOR DE MARTIN FROST

A vida interior de Martin Frost ten xa a súa faciana galega.
Posté par Jaureguizar à 15:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 5 septembre 2007

ELEGÍAS A HERRALDE Y AL DIABLO

A Xeración dos Peixes empeza a ser coñecida en España. Samuel Solleiro vén de ser traducido por Xiana Solla Lagoa para Lengua de Trapo, unha editorial que semella que vai dando co seu espazo inclinándose cara a literatura española (castelá e latinoamericá) tras anos de fornecer catálogo errante, aínda que cheo de descubrimentos dos que acabaron beneficiándose outros. Hai dez anos, o editor, Pote Huerta, comprou os dereitos de Todo a cen e entregoulla a Agustín Cerezales, "experto en portugués", para facer unha versión en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 4 septembre 2007

O BARCO NO BOSQUE

Nunha escea do libro de Ishiguro que ando a ler hai tres personaxes que fan unha longa viaxe semiclandestina dende o internado no que viven para mirar un barco que apodrece nun bosque afastado do mar. Os tres saben que están destinados a morrer novos, a seren estériles e a serviren a outros seres humanos. Meses atrás estiven conversando con Xaime Fandiño sobre a importancia de ambientar. Apuntaba el que incide moito aos seus alumnos de cinema no determinante de situar unha escea lugar ou noutro. Volvendo á novela de Ishiguro:... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 06:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]