Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 octobre 2007

DENDE HAI OITO ANOS

O Museo Provincial de Lugo agarda polo seu director. Vén sendo xestionado por Encarna Lago dende hai oito anos, cando Cacharro decidira substituír a Lucila Yáñez. Lago non puido ser nomeada directora por carecer da titulación precisa; o seu cargo é o de xerente e vai seguir séndoo. Dentro de quen goberna Cultura na Deputación, hai posturas contrapostas: hai quen valora o seu labor destes catro anos, dende logo intenso e eficaz no obxectivo de levar os lucenses ao museo, e hai quen critica o xeito no que foi incorporada ao posto e que os seus coñecementos artísticos non están á altura do cargo. Como candidato a director soa un escritor, que ten as vantaxes de ser un home da casa, ter competencia profesional abonda e a discrección que pretenden os mandatarios nacionalistas en San Marcos para o cargo, disque precisa unha posta ao día. Hai unha segunda alternativa. Ao seu favor están os seus oceánicos coñecementos sobre o pasado da cidade; en contra, o seu propio pasado e o rexeitamento en sectores artísticos e sociais da provincia. O terceiro nome é o dun artista moi respectado e con sona de falar claro. Mesmo soa unha man das nosas xeracións, moi afeita a coller billetes de avión para expoñer. A elección pode adiarse ata fins de novembro, cando os nacionalistas teñan reorganizado o seu persoal e debuxados os orzamentos.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Recoñézolle a contumacia parriana, Pawley. Eu daríallo a Updike, malia 'Terrorista'. Deixeme mirar cómo están as cousas e lle meto un fío.
Répondre
M
Veña, móllese... co Nobel que se anunciará mañá. Roth? Adonis? Murakami? Carol Oates? Eu teño ben claro a que non llo van dar: http://www.nicanorparra.uchile.cl/
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité