21 octobre 2007
HERDEIROS DE CARVER, S. L.
Os contos de Carver son algo así como cavar en Lugo. A nada que fincas o sacho, aparece a dentadura postiza dun romano. Haberá unha novo libro de contos. A viúda, que vai acabar ata por parecerse fisicamente a Yoko Ono ou a Marina Castaño, anunciou que vai quitar ¿De que falamos cando falamos de amor? (1981) sen os cambios que lle introduciu o editor Gordon Lish. Dubido de que os contos melloren os publicados, Jules Verne xa recoñecía que as súas novelas chegaran onde chegaran porque o seu editor manillaba nelas.
Publicité
Publicité
Commentaires