dimanche 21 octobre 2007

HERDEIROS DE CARVER, S. L.

Os contos de Carver son algo así como cavar en Lugo. A nada que fincas o sacho, aparece a dentadura postiza dun romano. Haberá unha novo libro de contos. A viúda, que vai acabar ata por parecerse fisicamente a Yoko Ono ou a Marina Castaño, anunciou que vai quitar ¿De que falamos cando falamos de amor? (1981) sen os cambios que lle introduciu o editor Gordon Lish. Dubido de que os contos melloren os publicados, Jules Verne xa recoñecía que as súas novelas chegaran onde chegaran porque o seu editor manillaba nelas.
Posté par Jaureguizar à 23:13 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 21 octobre 2007

SEIS HORAS

Hai 42 anos que soño, hai anos que anoto os meus soños. Soñar é unha actividade pracenteira ao que lle dedico seis horas ao día. Yeats afirmou que "a responsabilidade empeza nos soños". Eu vou asumila publicamente.
Posté par Jaureguizar à 00:02 - Commentaires [2] - Permalien [#]