22 octobre 2007
INSOLACIÓN
Hai poucos escritores españois que eu lembre con admiración. Neste intre ocórrenseme un, básico na miña vida (1) e na miña obra, e unha. Sempre que penso nela, lembro a frescura e a modernidade da súa obra. Mágoa que non escribise en galego, mais creo que van ir solventándoo as novas xeracións, e non me refiro ás progres chachis que revisan discursos setenteiros balorentos nin a esoutras que viven de argallar seudocáritas laicas; non, falo de rapazas con talento.
(1) Conservo aínda unha preciosa edición de 1937 que me serviu para iniciarme na lectura de novelas con once anos; cando escribo iniciarme na lectura de novelas, refirome a ler con pracer algo máis extenso ca un conto.
Publicité
Publicité
Commentaires