25 octobre 2007
MAHOMA EN COMPOSTELA
Como Mahoma non vén á montaña, eu fun onte a Santiago para mirar teatro galego. A xornada foi completa de todo: unha suxestiva e colorida proposta para nenos, unha trapalleira e reiterativa proposta para nenos, unha sólida e madura proposta para adultos e unha imaxinativa e divertida proposta para adultos. Aínda, ao mediodía, vinme na obriga de asistir a outra nun claro exercicio de procura de público en calquera lugar e con calquera estado de ánimo. Logo, marchei durmir.
Publicité
Publicité
Commentaires