26 octobre 2007
SIERRA I FABRA GAÑA O NdeLIJ
Jordi Sierra i Fabra vén de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil . A obra vai da coñecida anécdota que, tras o seu paso por unha novela de Auster, mudou en manida. Como finalistas tíñamos a Agustín , quen ben merecía levalo, e máis a Ann Alfaya. Para defendelos, logramos que a Oepli nos situase unha experta en narrativa, e a RAG mandou un experto en teatro. Sabendo que nestes galardóns todo o que conta é a defensa das obras que se faga nas xuntanzas do xurado e sabendo que a nosa baza estaba na narrativa xuvenil, a academia podería ter mandado un experto no asunto que redondease o traballo, sen dúbida enfático e eficaz, de Vilavedra.
Publicité
Publicité
Commentaires