'FRIDOM SPIK' VOLVE AO TEATRO
Albións Teatro de Ribadeo estreou hoxe en Ames unha peza teatral baseada en Fridom spik. Sempre mirei difícil ligar ese conxunto de contos, malia os elementos que teñen en común. Impresionoume o traballo de Fridom Spik Treato (sic), unha compañía de Narón que fixo a súa versión no seu día. Aínda descoñezo esta segunda versión. A ver se dou asistido á representación do 16 de decembro en Ribadeo.
Nunca pensei que ese libro fose ter este percorrido. Foi nacendo aos poucos, con pretensións ínfimas. Era un exercicio de disciplina escribir un relatiño semanal para o suplemento cultural de El Progreso, Táboa Redonda. Ao cabo, reparei en que podían xuntárense nun libriño e mandeillelos aos editores. Fun cumprindo durante trinta semanas guiado por dúas lecturas paralelas que me fascinaron (e seguen facéndoo): unha de Jonh Berger e outra de Manuel Rivas.