vendredi 26 octobre 2007

'FRIDOM SPIK' VOLVE AO TEATRO

Albións Teatro de Ribadeo estreou hoxe en Ames unha peza teatral baseada en Fridom spik. Sempre mirei difícil ligar ese conxunto de contos, malia os elementos que teñen en común. Impresionoume o traballo de Fridom Spik Treato (sic), unha compañía de Narón que fixo a súa versión no seu día. Aínda descoñezo esta segunda versión. A ver se dou asistido á representación do 16 de decembro en Ribadeo. Nunca pensei que ese libro fose ter este percorrido. Foi nacendo aos poucos, con pretensións ínfimas. Era un exercicio de disciplina... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 26 octobre 2007

SIERRA I FABRA GAÑA O NdeLIJ

Jordi Sierra i Fabra vén de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil . A obra vai da coñecida anécdota que, tras o seu paso por unha novela de Auster, mudou en manida. Como finalistas tíñamos a Agustín , quen ben merecía levalo, e máis a Ann Alfaya. Para defendelos, logramos que a Oepli nos situase unha experta en narrativa, e a RAG mandou un experto en teatro. Sabendo que nestes galardóns todo o que conta é a defensa das obras que se faga nas xuntanzas do xurado e sabendo que a nosa baza estaba na narrativa xuvenil, a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]