Por unha vez podíamos facer as cousas co tempo que precisan. Propoño que agora que falta un ano para a elección do Premio Nobel de Literatura apuntemos todos na mesma dirección para lograrmos o primeiro galardón galego na Casa da Bolsa de Estocolmo. Non ten nada de toleirán intentalo, porque hai casos semellantes como o do escritor occitano Mistral, e temos que aproveitar que contemos con Manuel Rivas, un escritor que suscita apoios unánimes no país, ten calidade abonda e a proxección internacional requerida. Todo o que precisamos é traducirmos algunhas das súas mellores obras en diferentes disciplinas para o sueco e que Cultura a súa embaixada para promover ao escritor da Coruña como merece.
Commentaires sur MANUEL RIVAS, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2008
- AdianteParéceme unha proposta axeitada e fundamentada se temos en conta a producción e a calidade literarias de Rivas. Fai falla que a RAG e outras entidades sociais a fagan súa e isto depende, entre outras cousas, da sociedade civil e da Administración galegas.
Nouveau commentaire