28 octobre 2007
O PRAZO REMATOU ONTE
Rubén Ruibal afirma que o Igaem dispuña de dous anos para montar a súa obra. Os dous anos remataban onte. O Igaem afirma que eles non teñen nada que montar, senón que unha compañía que quisexe montar esta obra do gañador do Cunqueiro tería máis puntos no concurso. Ao parecer, Ruibal propuxo montar coa súa compañía e sesenta mil euros. Ao parecer, a súa compañía non acadou os puntos precisos para ser subvencionada. No medio disto, os do teatro están convencidos de que o Igaem lles quere "acabar co teatro galego" (léase desmontar o escenario de axudas que terma del) e disque o Igaem ten claro que música enche locais en todo o país, mentres que o teatral é un fenómeno caro e para público santiago-naronés.
Publicité
Publicité
Commentaires