Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 octobre 2007

OS ANOS PERDIDOS CON FERRÍN

Leo a alternativa de Ferrín á miña proposta de Rivas como candidato ao Nobel. Alegan que o ourensán é o mellor escritor galego vivo. Aínda discrepando (frouxea na construción de estruturas), non lle nego a calidade; mais quero apuntar que non se trata de escoller o mellor, senón de escoller un de entre os mellores (dubido de que se me discuta que o meu candidato está aí) e que ao tempo sexa coñecido fóra do país. Rivas ten obra traducida a unha chea de idiomas europeos, algo do que non pode presumirse no caso de Ferrín (entendo que pola natureza criptometafórica e microreferencial da súa escrita). Non nos sería difícil lograr ter a Rivas en sueco (recordo que é básico) e xuntar os apoios de Xunta (PSOE e BNG), RAG, AELG, Academia do Audiovisual, sindicatos, asociacións e sociedade en xeral (tan aceptada en consideración polos da Casa da Bolsa de Estocolmo) a prol de que a literatura galega lograse un Nobel. A candidatura de Ferrín é un ouveo no medio do balbordo que leva tantos anos intentándose como fracasando.

Publicité
Publicité
Commentaires
R
Pois antes ben que non apoiaba jaureguizar a Rivas, non sei qgora por que cambiou, de feito ten dito que como contista ben, pero non como novelista... ¿QUÉ motivou o cambio? Non sei, ... leu vostede OS LIBROS ARDEN MAL...?¿?<br /> Preguntas no aire
Répondre
J
Hormiga, ¿lembra vostede o desacritado ("enmerdado", dixo)que estaba o Cervantes para Cela? De todos os xeitos eu non creo o nivel de acreditación do Nobel é semellante ao dos milleiros de premios que se entregan cada día coñecendo os nomes dos candidatos.
Répondre
N
Mi ma!!!
Répondre
H
Pois paréceme unha idea e un razonamento moi ben fundado. Suscribo a moción. E tanto me ten se o Nobel está desacreditado ou non. Nós ó noso!
Répondre
J
¡Estupenda idea, señor XXX! A miña muller estaría encantada de volver a Estocolmo. Os avións de SAS sonche ben cómodos e dan zume de laranxa de valde, a viaxe no tren ultrarrápido á cidade é preciosa e non debe de haber nada como un almorzo con café e salmón tras as cristaleiras do Grand Hotel mirando a badía. Eu estaría encantado e lle agradezo a proposta, aínda que eu escribo unha literatura popular que non me cadra coa que gostan os da Academia.<br /> <br /> A ver... fóra coñas. Estaba falando en serio.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 567
Publicité