mardi 30 octobre 2007

RETRANCA

Kiko, perdoa. Esquecín.
Posté par Jaureguizar à 12:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 29 octobre 2007

OS ANOS PERDIDOS CON FERRÍN

Leo a alternativa de Ferrín á miña proposta de Rivas como candidato ao Nobel. Alegan que o ourensán é o mellor escritor galego vivo. Aínda discrepando (frouxea na construción de estruturas), non lle nego a calidade; mais quero apuntar que non se trata de escoller o mellor, senón de escoller un de entre os mellores (dubido de que se me discuta que o meu candidato está aí) e que ao tempo sexa coñecido fóra do país. Rivas ten obra traducida a unha chea de idiomas europeos, algo do que non pode presumirse no caso de Ferrín (entendo que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:26 - Commentaires [14] - Permalien [#]
dimanche 28 octobre 2007

O PRAZO REMATOU ONTE

Rubén Ruibal afirma que o Igaem dispuña de dous anos para montar a súa obra. Os dous anos remataban onte. O Igaem afirma que eles non teñen nada que montar, senón que unha compañía que quisexe montar esta obra do gañador do Cunqueiro tería máis puntos no concurso. Ao parecer, Ruibal propuxo montar coa súa compañía e sesenta mil euros. Ao parecer, a súa compañía non acadou os puntos precisos para ser subvencionada. No medio disto, os do teatro están convencidos de que o Igaem lles quere "acabar co teatro galego" (léase... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 27 octobre 2007

MANUEL RIVAS, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2008

Por unha vez podíamos facer as cousas co tempo que precisan. Propoño que agora que falta un ano para a elección do Premio Nobel de Literatura apuntemos todos na mesma dirección para lograrmos o primeiro galardón galego na Casa da Bolsa de Estocolmo. Non ten nada de toleirán intentalo, porque hai casos semellantes como o do escritor occitano Mistral, e temos que aproveitar que contemos con Manuel Rivas, un escritor que suscita apoios unánimes no país, ten calidade abonda e a proxección internacional requerida. Todo o que precisamos é... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:19 - Commentaires [3] - Permalien [#]
vendredi 26 octobre 2007

'FRIDOM SPIK' VOLVE AO TEATRO

Albións Teatro de Ribadeo estreou hoxe en Ames unha peza teatral baseada en Fridom spik. Sempre mirei difícil ligar ese conxunto de contos, malia os elementos que teñen en común. Impresionoume o traballo de Fridom Spik Treato (sic), unha compañía de Narón que fixo a súa versión no seu día. Aínda descoñezo esta segunda versión. A ver se dou asistido á representación do 16 de decembro en Ribadeo. Nunca pensei que ese libro fose ter este percorrido. Foi nacendo aos poucos, con pretensións ínfimas. Era un exercicio de disciplina... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 26 octobre 2007

SIERRA I FABRA GAÑA O NdeLIJ

Jordi Sierra i Fabra vén de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil . A obra vai da coñecida anécdota que, tras o seu paso por unha novela de Auster, mudou en manida. Como finalistas tíñamos a Agustín , quen ben merecía levalo, e máis a Ann Alfaya. Para defendelos, logramos que a Oepli nos situase unha experta en narrativa, e a RAG mandou un experto en teatro. Sabendo que nestes galardóns todo o que conta é a defensa das obras que se faga nas xuntanzas do xurado e sabendo que a nosa baza estaba na narrativa xuvenil, a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 25 octobre 2007

MAHOMA EN COMPOSTELA

Como Mahoma non vén á montaña, eu fun onte a Santiago para mirar teatro galego. A xornada foi completa de todo: unha suxestiva e colorida proposta para nenos, unha trapalleira e reiterativa proposta para nenos, unha sólida e madura proposta para adultos e unha imaxinativa e divertida proposta para adultos. Aínda, ao mediodía, vinme na obriga de asistir a outra nun claro exercicio de procura de público en calquera lugar e con calquera estado de ánimo. Logo, marchei durmir.
Posté par Jaureguizar à 16:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 25 octobre 2007

SETE TAZAS TRADUCIDAS

Unha Galaxia de traducións para o outonear: Camposanto de Sebald, O castelo branco de Pamuk, A pista de area de Andrea Camilleri, O retorno de Schlink, Tres contos de Flaubert, As mágoas do mozo Werther de Goethe, O ruído e a furia de William Faulkner e O viaxeiro astral de Jack London. Ao contrario dalgúns medorentos colegas, estou moiperoquemoiafavor das traducións: os autores precisamos desa competencia que tanto nos supera en calidade, o nosos sistema literario precisa restarlle espazo lector ao español e a nosa industria do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:41 - Commentaires [3] - Permalien [#]
mardi 23 octobre 2007

LIMPEZA DE SANGUE

Un de Ribadeo foi o gañador o Premio Nacional de Literatura Dramática. A limpeza de sangue supónselle.
Posté par Jaureguizar à 14:12 - Commentaires [2] - Permalien [#]
lundi 22 octobre 2007

INSOLACIÓN

Hai poucos escritores españois que eu lembre con admiración. Neste intre ocórrenseme un, básico na miña vida (1) e na miña obra, e unha. Sempre que penso nela, lembro a frescura e a modernidade da súa obra. Mágoa que non escribise en galego, mais creo que van ir solventándoo as novas xeracións, e non me refiro ás progres chachis que revisan discursos setenteiros balorentos nin a esoutras que viven de argallar seudocáritas laicas; non, falo de rapazas con talento. (1) Conservo aínda unha preciosa edición de 1937 que me serviu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]