mardi 6 novembre 2007

ALTERNATIVA

Aledoume que a miña proposta dese para un microdebate. E tamén que vaia ter eco. É bo que haxa unha alternativa en medio de tanta unanimidade búlgara.
Posté par Jaureguizar à 22:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 6 novembre 2007

COBERTURAS

O sábado pasado debera estar nun sitio e non puiden. Había xente coa que me apetecía falar porque hai unha chea que non a vexo. Logo, estaba a nostalxia toda que se me xuntou e me encheu de carraxe non poder atendela debidamente. Aínda puiden informarme polos medios do que acontecera. Pola noite, debera estar noutro sitio, a cincuenta metros cara ao sur da miña casa, e tampouco puiden estar. Pouco informaron os medios, a min seméllame algo importante e ignoro o que puido faltar para que a cobertura fose cumprida.
Posté par Jaureguizar à 22:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]