Armando faloume o xoves algo así como que "a gran balea branca non ten necesariamente que ser longa, como cren moitos". Eu partillo a súa opinión e engado: ¿Precisamos dunha gran balea branca para consolidar a nosa moza novelística? ¿Ou precisamos dun bo número de novelas para irmos erguendo a calidade media? Con todo, penso que han pasar varias xeracións literarias e han de escribir aínda moitas novelas para que se poida ler. Así que, compañeiros de xeración, prezados señores das anteriores, non se me poñan nerviosos, aínda temos que pasar por unhas cantas áreas de servizo para chegar á terra prometida.