Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 novembre 2007

¿PERDEUSENOS ALGO NO CERVANTES?

Dolores Vilavedra propoñía o outro día nunha tertulia radiofónica esquecermos da vindicación do Nobel e centrarmos en reclamar que a escrita en galego poida recibir o Cervantes. Eu fiquei calado, polo cansanzo, máis ca nada; e pola falta de tempo para avaliar a proposta, tamén. De volta para casa, pensei que pertencemos ao estado ao que pertencemos e por aí podería ter unha lóxica o asunto; lóxica que desbotei ao reparar en que o Cervantes premia obras da literatura española, é dicir, obras escritas en español. Intentar entrar nesa poxa, a maiores de ser escasas as nosas posibilidades, nos obrigaría a confirmar esa teoría fenomenal de que quen nace en Galicia e escribe fai literatura galega.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Kris, dende un punto de vista político-administrativo é lóxico, dado, entre outras consideracións, que axudamos a financiar ese sistema. Eu creo que, en todo caso, deberíamos xestionarmos a nosa incorporación aos premios da lusofonía (ou da galeguía, como empezan a dicir nas antigas colonias)
Répondre
K
Penso que non é moi congruente postular o termo Sistema Literario Galego, como fai a Loli, e logo propugnar a súa subsunción no Sistema Literario Español, o que implicaría a negación daquel. Non?
Répondre
J
Eu non diría tanto, a proposta ten a súa lóxica por pertencermos administrativamente a España; outra cousa é que eu discrepe.
Répondre
K
Esta Loli desbardalla a veces, non?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité