dimanche 18 novembre 2007

A CASA KAUFMANN, EXPOSTA AO MERCADO LIBRE

A Casa Kaufmann, de Richar Neutra, está en venda. Neutra traballaba no estudo de Frank Lloyd Wright e a vivenda foille encargada polo tal Kaufmann, quen fixo tamén a encarga da Casa da Fervenza, do propio Wright. Hai algunhas obras de arte que non debería ser obxecto de transaccións entre particulares, terían que estar en mans de todos, é dicir, públicas.
Posté par Jaureguizar à 22:20 - Commentaires [2] - Permalien [#]

dimanche 18 novembre 2007

¿PERDEUSENOS ALGO NO CERVANTES?

Dolores Vilavedra propoñía o outro día nunha tertulia radiofónica esquecermos da vindicación do Nobel e centrarmos en reclamar que a escrita en galego poida recibir o Cervantes. Eu fiquei calado, polo cansanzo, máis ca nada; e pola falta de tempo para avaliar a proposta, tamén. De volta para casa, pensei que pertencemos ao estado ao que pertencemos e por aí podería ter unha lóxica o asunto; lóxica que desbotei ao reparar en que o Cervantes premia obras da literatura española, é dicir, obras escritas en español. Intentar entrar nesa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:09 - Commentaires [4] - Permalien [#]