Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 novembre 2007

AVALANCHA DE POETAS EN LUGO

O primeiro Encontro de Poesía Galega, promovido por Ignacio Elguero, director de La Estación Azul, de RNE, encherá Lugo de poetas. Os amantes e os odiantes da poesía están avisados. O Encontro, que se celebrará na Deputación Provincial, está dividido en tres sesións. Na primeira, este xoves ás 12.00, estarán Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Suso Pensado, Luz Pozo Garza e Claudio Rodríguez Fer. A segunda sesión, será o xoves ás 19.00, con Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Arcadio López-Casanova, Chus Pato, Ana Romaní e Xavier Seoane. A terceira e última sesión será o venres ás 19.00, coa participación de Vicente Araguas, Darío Xohán Cabana, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ramiro Fonte, Salvador García-Bodaño, Luís González Tosar e Manuel Rivas. O sector editorial estará representado por Manuel Bragado, de Edicións Xerais, e Carlos Lema, de Galaxia. Na parte musical anunciouse a Fran Pérez, Xabier Díaz e Luís Emilio Batallán.


Publicité
Publicité
Commentaires
J
Xabier Seoane figura na listaxe, Angueira penso que non. Polo que eu sei, Claudio non ten blog; pero xa sabe que os blogs identificados son poucos.
Répondre
B
Pareceme unha estupendissima seleccion de poetas, non parece que haxa muito que melhorar... Falta algún poeta excelente (cito 2 por vía de exemplo, simplesmente: Xavier Seoane e Anxo Angueira..), pero recoñezo a dificuldade de que vaian todos...e...¡quanto tempo sen ollar o nome de Claudio R. Fer! Admiramolo muito e, non sendo lugueses, case que non o non podemos ler en ningures...¿ e il terá un blog?
Répondre
J
Non o negho, eu non lle nego que haxa moitos máis poetas bos no ámbito lucense. É obvio que si, mais hai que considerar dúas cuestións: o carácter nacional da convocatoria e que a escolla foi feita por unha persoa que, se non lle entendín mal na rolda de prensa que deu onte en Lugo, leu aos poetas escolmados en español. Iso imprica que o seu coñecemento da poesía galega ten que ser, forzosamente, parcial e dependente da necesidade de estar traducido para o español. Os desprazamentos non creo que sexan un atranco por está por tras o Ministerio de Cultura que, como vostede sabe, somos todos.
Répondre
N
En Lugo e arredores tamén hai moitos outros poetas de calidade, homes e mulleres, que deberían ser invitados, aínda que só fose porque non habería que pagarlles os desprazamentos. É unha opinión.
Répondre
J
Pintaxilgo, eu creo que o nivel é espectacular. A escolla da National Poetry Selection foi de Ignacio Elguero. Seica tamén contaba cos poetas Xullo Valcárcel e Olga Novo, que non poden acudir por cuestións de viaxes, e co antólogo Luciano Rodríguez, que ten un problema persoal. Antes desa escolma, houbo outra duns 30 escritores, que houbo que reducir. Elguero asegura que a poesía galega vive unha época dourada, algo que escoitara moitas veces, pero sempre na boca de poetas ou editores galegos, o que me facía desconfiar. Elguero non é galego, así que hai que acreditar no que di.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité