Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 novembre 2007

O MUNDO E NÓS

Concordo. Está ben que andemos polo mundo, ¿pero non sería mellor gastar eses cartos en intentar que nos traduzan e sexan os nosos libros os que anden polo mundo? Quero dicir, ¿non seria mellor viaxarmos cos produtos preparados e adaptados para que se aprecien alí onde imos? ¿Non nos rendiría máis acudirmos a países nos que o troco non sexa o recurso que fai funcionar a economía?

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Lerching, asumindo unha boa parte dos seus argumentos, insisto: ¿que se nos perdeu enviando semellante delegación a un país que pasa fame, que non ten un peso para consumir cultura, que ten un par de librarías na súa capital, que soamente pode mercar os libros que deciden os seus dirixentes, que non entende o galego? ¿Que pintamos nun réxime que mete no cárcere a periodistas e homosexuais? Xa de meter os cartos en algo que serve de pouco, imos intentalo nun lugar civilizado no que poida que algún día cheguemos a vender algo.
Répondre
L
Ás veces creo que moitos de vostedes viven nos mundos de Yupi. Vostedes cren que hoxe en día (quen di hoxe di dentro de dez anos) a literatura galega é quen de ir a Frankfurt. Equivócanse señores: Frankfurt é unha feira comercial e só acepta candidaturas potentes (crían que a catalana o era, pois alí se edita o 55% do libro en España, por iso acabaron fodidos polo tema do catalán).

Debemos asumir que temos unha literatura mínima en termos de mercado e debemos que asumir que só é posible medrar aos poucos.

Non sei se Cuba é O camiño, pero alomenos é UN camiño para ir facendo política de país, para facérmonos ver. O que si creo que é un bo camiño é a candidatura para Guadalajara en 2011. A ver se hai sorte (e boa xestión para acadalo).

Sobre Frankfurt, permítame dicirlle señor Jaureguizar que é moi posible que non o vexamos na vida: nin a demografía galega nin os datos de falantes fan previr un gran aumento de lectores e, polo tanto, de facturación do sector.

Se estes dous datos medraran e fosemos un país normal, se cadra en 30 anos poderiamos ir a Frankfurt. Agora? imposible.
Répondre
J
Kris Kristofer, eu creo que o obxectivo debería ser Frankfurt e, para iso, o camiño é feiras de Porto e Lisboa, Salón do Libro de París e logo Frankfurt.
Répondre
J
Nacho, Readgalicia é unha plataforma moi útil, pero hai que fornecela desa utilidade con outras acción que permitan coñecela.
Répondre
J
Nacho, Readgalicia é unha plataforma moi útil, pero hai que fornecela desa utilidade con outras acción que permitan coñecela.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité