lundi 19 novembre 2007

TRANSEUROPEUS FERVOROSOS

Amos Oz escribiu algo ben sensato, que seguro que gusta a Pedro Gómez-Valadés: "Cerca de um ano e meio antes da subida de Hitler ao poder (...) muita gente na Europa aspiraba a ver-se livre de uma vez por todas daqueles transeuropeus fervorosos, poliglotas, amantes da poesia, convencidos da superioridade moral europeia, apreciadores do bailado e ópera, do património europeu, que sonhavam conm uma unidade europeia pós-nacional, que prezavam os modos corteses, o vestuário e a moda europeias, admiradores incondicionais de uma Europa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:38 - Commentaires [2] - Permalien [#]

lundi 19 novembre 2007

HARRY POTTER A TEMPO

Disque desta volta chegaremos a tempo: a sétima entrega de Harry Potter sairá en galego canda en español. Se non vai ser asi, non paga a tradución. Estará á venda ás 18.30 do día 21 de febreiro en edición de Galaxia.
Posté par Jaureguizar à 17:54 - Commentaires [13] - Permalien [#]
lundi 19 novembre 2007

PIPPI MEDIASLONGAS

A rapaza que mudou a historia da LIJ coa súa naturalidade e o seu desafío ao mundo adulto terá versión en galego, en tradución de Liliana Valado para Xerais. Polo de agora, soamente contamos cun libro de Astrid Lindgren no país. O que non hai son prazos para Pippi, aínda que estaría ben agora que cadra co centenario e sumarmos así ás 78 linguas nas que se pode ler.
Posté par Jaureguizar à 16:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 18 novembre 2007

A CASA KAUFMANN, EXPOSTA AO MERCADO LIBRE

A Casa Kaufmann, de Richar Neutra, está en venda. Neutra traballaba no estudo de Frank Lloyd Wright e a vivenda foille encargada polo tal Kaufmann, quen fixo tamén a encarga da Casa da Fervenza, do propio Wright. Hai algunhas obras de arte que non debería ser obxecto de transaccións entre particulares, terían que estar en mans de todos, é dicir, públicas.
Posté par Jaureguizar à 22:20 - Commentaires [2] - Permalien [#]
dimanche 18 novembre 2007

¿PERDEUSENOS ALGO NO CERVANTES?

Dolores Vilavedra propoñía o outro día nunha tertulia radiofónica esquecermos da vindicación do Nobel e centrarmos en reclamar que a escrita en galego poida recibir o Cervantes. Eu fiquei calado, polo cansanzo, máis ca nada; e pola falta de tempo para avaliar a proposta, tamén. De volta para casa, pensei que pertencemos ao estado ao que pertencemos e por aí podería ter unha lóxica o asunto; lóxica que desbotei ao reparar en que o Cervantes premia obras da literatura española, é dicir, obras escritas en español. Intentar entrar nesa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:09 - Commentaires [4] - Permalien [#]
jeudi 15 novembre 2007

LITERATURA E MERCADO

Marcha o ministro, volve a literatura.
Posté par Jaureguizar à 17:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 15 novembre 2007

CADA QUEN FALA DA FEIRA

Falan de literatura e mercado. Falamos de literatura e mercado.
Posté par Jaureguizar à 13:18 - Commentaires [2] - Permalien [#]
jeudi 15 novembre 2007

COPLAS AO PASAMENTO DO PAI

Jabier Muguruza quita dez novas cancións de dor polo pasamento do seu pai.
Posté par Jaureguizar à 12:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 14 novembre 2007

DE LÓPEZ FACAL A COUCEIRO

O programa de onte deume a oportunidade de gozar do traballo de Iago Seara para mudar a casa dos López Facal na Libraría Couceiro. Sorprendeume a súa habelencia para abrir un edificio tradicionalemente galego e escuro á luz natural e, por riba de todo, a lixeireza das escaleiras que deseñou. A conservación das canaletas é un acerto e uso do eucalipto en todo o edificio é un risco do que sae victorioso. Desgutoume a excesiva sobriedade que impuxo no soto que se revervou para os cativos: precisa debuxos nas paredes, tallos de cores e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 13 novembre 2007

¿FERRIN?¿RIVAS? A PROPOSTA DO NOBEL A DEBATE

Tino Santiago atopou interesante a proposta de Manuel Rivas como candidato nacional ao Nobel de Literatura e convocounos a Carlos, Bieito e mais a min esta noite, ás 22.00, para debatermos no seu programa en directo, na Libraría Couceiro de Compostela. A entrada é de balde.
Posté par Jaureguizar à 16:57 - Commentaires [6] - Permalien [#]