Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 décembre 2007

LES JARDINS DECOUPÉS

A tradución completa da crónica de Joyce está case que rematada. Vaina quitar Galaxia, como aquela outra parcial, e sei que na cousa anda Queipo e algún máis. Así que, xa saben, todos a ler a Joyce, que, defende Alfonso Álvarez Caccamo, é o que cómpre. Divertiume moito o outro día contando o tempo no que era imprescindible ser quen de elaborar unha fonda teoría postlectura a respecto de Ulysses. "É que, se non o lías, non pintabas nada na tertulia do De catro a catro, e, de ligar, xa podías despedirte". El recoñeceu que o intentara varias veces e que non dera feito; eu retruqueille que o intentara unha volta e nin dei feito nin volvín ocuparme, iso que teño unha edición ben chula. Non acheguei outra xustificación, aínda que apuntei que non debíamos esquecer a innovacións técnicas de Séamas Seoighe nesa obra. Alfonso restoulle importancia a algunha delas, como o monólogo interior, citando a obra Les jardins decoupés, escrita na altura. Non son quen de atopar os ditosos xardíns demoucados. A metade desa velada boteina aprendendo da sabedoría culinaria dun experto e a outra informándome sobre navegación á deriva con dous amigos. Ao deitarme acendín unha radio de peto e descubrín ao mesmo humorista que aleda os meus amenceres todos desa mesma hora, ás 6.30 a.m. Hai quen prefire a información.

Publicité
Publicité
Commentaires
A
Amigo Jauréguizar. Xa dei co asunto! A obra da que tentaba falar eu titúlase Les lauriers sont coupés e o autor chámase Eduard Dujardín, de aí a confusión entre loureiros e xardineros. Como ves non era unha coña, nin sequera unha disolución de autor-obra. Máis ben tratábase dunha emulsión, como a do aceite e a auga, que se produciu no meu curto pero suficiente cerebro para ir tirando. Unha fortísima aperta de Alfonso.
Répondre
J
Moitas grazas polo convite, Veloso, pero non teño moito que dicir sobre un futuro que os propios galegos negan. Sobreviviría se fósemos cataláns, pero non é o caso. Eu estoulles aprendendo a lingua aos meus fillos, pero moitas veces me sinto derrotado e penso en que gañarían máis se eu lles falase en portugués.
Répondre
V
Teño intención de botar a andar un blog no que se debata sobre a situación da lingua galega. Encantaríame contar coa súa participación. Queda vostede convidado. O enderezo é:<br /> http://nalinguagalega.blogspot.com/<br /> Graciñas
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité