25 décembre 2007
A GRAN VOLTA DE SEIDLER
O Olentzero, que me debe de coñecer ben, deixoume o delicioso The grand tour, de Harry Seidler. O libro é unha volta ao mundo en fotografías dos mellores traballos arquitectónicos reunida en case que seiscentas páxinas. O que me gusta do volume, a maiores da escolla que fai, é que os seus comentarios son escuetos e non van alén do preciso. Seidler traballou con grandes coma Breuer ou Niemeyer, pero deixa que as imaxes sexan as que argumenten.
Publicité
Publicité
Commentaires