mardi 25 décembre 2007
A GRAN VOLTA DE SEIDLER
O Olentzero, que me debe de coñecer ben, deixoume o delicioso The grand tour, de Harry Seidler. O libro é unha volta ao mundo en fotografías dos mellores traballos arquitectónicos reunida en case que seiscentas páxinas. O que me gusta do volume, a maiores da escolla que fai, é que os seus comentarios son escuetos e non van alén do preciso. Seidler traballou con grandes coma Breuer ou Niemeyer, pero deixa que as imaxes sexan as que argumenten.
mardi 25 décembre 2007
TRISTEZA
Un dos primeiros discos de jazz que merquei era de Oscar Peterson, un pianista inesquecible.