Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 décembre 2007

OS CEOS DE VALCÁRCEL

Os fotógrafos son unha etnia diferenciada. Eu compróboo decotío no meu xornal. Móvense como as mandas de lobos, en solitario ou agrupados entre eles, cos seus horarios distintos, falando entre eles no seu barallete de píxeles, varridos e lentes. Envéxolles o saber agardar a que a imaxe concreta que queren se lles cruce por diante, cando agardar pola noticia é inconcebible nun redactor. Dentro desa etnia está tamén os fotógrafos afeccionados, que se resistiron ás crónicas de voda e seguiron traballando no que lle cadrou. Carlos Valcárcel foi banqueiro en Lugo, pero poucos fotógrafos hai que sexa capaces de darnos ceos coma os seus. ¿Ansel Adams? Pero Ansel Adams é unha lenda. Falamos de artesáns que fotografan por gusto. E hai imaxes de Carlos que semellan cadros da escola holandesa do XVIII. Agora, Carlos comproba o respecto que lle teñen os compañeiros.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Si, señor Ruibal, é doroso que haxa talentos como este que fiquen no esquecemento.
Répondre
R
Unha recomendación para apuntar. Impresionante.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité