Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 décembre 2007

AS ELIPSES DE GAVALDA

Galaxia está atinando coa súa política de traducións, a pesares que os seus autores nacionais se queixen de que se lle resta espazo no catálogo. O novo acerto é Xuntos e máis nada, que vai para segunda edición. Recupereina hai uns días do esquecemento no que me ficara o ano pasado e estoume divertindo moito. O sentido do humor da Gavalda, apricado nomeadamente a cuestións laborais e de relacións personais é ben ácedo. O que amola un chisco é o xeito de contar. Eu valoro moito os escritores que saben dicir cando que dicir e calar cando teñen que calar, cando abonda con suxerir. A elipse é unha habelencia que non abunda nos narradores. No caso desta autora resulta en pronunciada que boto en falla máis ambientación das escenas. Con todo, moi recomendable.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité