¿CÓMO DEBE COMPORTARSE UNA VERDADERA PRINCESA?
Martin Pawley remarca un artigo de Gustavo Puerta. Eu concordo en moitas afirmacións do artigo, aínda que me parece que está en boa parte escrito baixo o concepto da calidade, non dende o punto de vista dun libro que pode gustar a un neno. Un amigo atribúe o éxito de Manolito Gafotas a que facía bos chistes para pais. Pois Gustavo Puerta fala no seu artigo de boa literatura infantil para adultos. Eu leo libros (en galego) para nenos coa intención de recomendarllos á miña filla, que está iniciándose na lectura con moito interese. E, claro, ela sempre me pide para ler un volume horroroso que lle regalou nonseiquen e que se chama ¿Cómo debe comportarse una verdadera princesa?, no que usan palabras que ela non comprende, como regio ou rubor; pero fascínalle. Non sei se Puerta podería vir pola casa para explicarlle iso da calidade á cativa.